Nestes momentos estou escoitando a Cándido Mendez, nunha rolda de prensa, cun ton vergonzante, explicar, sumido nunha especie de melancolía pola mala conciencia que lle ocasiona a firma do acordo co Goberno, explicar estes acordos, xa que serán varios encadeados, absolutamente nefastos, acordos que obedecen as pautas marcadas polos representantes internacionais DESTA BENDITA CRISE que fai realidade os donos mais tenebrosos do CAPITAL FINANCEIRO-ESPECULATIVO INTERNACIONAL, desexo que invocaron fai unhas decenas de anos Reagan e Thatcher, como expresión da utopía capitalista, enriquecerse sen limites facendo da miseria a materia prima por excelencia.
A continuación oír a unha muller que nos mostra a cara verdadeira desta solución á crise, cando a Crise é para eles a solución.
Ao resumir os datos laborais, a taxa de paro dos mozos do 44 %, ou os cinco millóns de parados sen posibilidade algunha de traballo a medio e longo prazo, a imposibilidade de que mais do 60% da poboación poida acumular nin sequera 25 anos laborais…eu non se se estamos falando de Tunisia, de Exipto ou de España.
Que rabia e impotencia, e que esperanza mais luminosa, asistir ao levantamento dos pobos veciños, unha loita chea de dignidade, de valentía e dunha ira xusta contra tanta inxustiza, contra tanto despropósito…
En estos momentos estoy escuchando a Cándido Mendez, en una rueda de prensa, con un tono vergonzante, explicar, sumido en una especie de melancolía por la mala conciencia que le ocasiona la firma del acuerdo con el Gobierno, explicar estos acuerdos, ya que serán varios encadenados, absolutamente nefastos, acuerdos que obedecen las pautas marcadas por los representantes internacionales DE ESTA BENDITA CRISIS que hace realidad los dueños mas tenebrosos del CAPITAL FINANCIERO-ESPECULATIVO INTERNACIONAL, deseo que invocaron hace unas decenas de años Reagan y Thatcher, como expresión de la utopía capitalista, enriquecerse sin limites haciendo de la miseria la materia prima por excelencia.
A continuación oír a una mujer que nos muestra la cara verdadera de esta solución a la crisis, cuando la Crisis es para ellos la solución.
Al resumir los datos laborales, la tasa de paro de los jóvenes del 44 %, o los cinco millones de parados sin posibilidad alguna de trabajo a medio y largo plazo, la imposibilidad de que mas del 60% de la población pueda acumular ni siquiera 25 años laborales…yo no se si estamos hablando de Túnez, de Egipto o de España.
Que rabia e impotencia, y que esperanza mas luminosa, asistir al levantamiento de los pueblos vecinos, una lucha llena de dignidad, de valentía y de una ira justa contra tanta injusticia, contra tanto despropósito…
As pensións: Verdades e mentiras, … por Miren Etxezarreta – Interesantísimo e imprescindíbel Vídeo
Paga a pena tirar unha hora e sete minutos do noso tempo para escoitar a esta muller. Porque explica todo con sinseleza para que podamos dar-nos conta da magnitude do que temos diante e que vai cambiar traxicamente a vida da maioría de nós. Conoce-lo é o primeiro e fundamental paso para poder combati-lo.
Aquí vai a charla practicamente completa:
http://artabra21.blogspot.com/2011/01/as-pensions-verdades-e-mentiras-por.html